seguridade

seguridade

(

  1. s f
    1. Calidade do que é seguro e non falla nin comporta risco ou perigo.

      Sinónimos: seguranza.
    2. Calidade do que é seguro porque produce confianza ou convición.

      Sinónimos: seguranza.
    3. de seguridade [TECNOL]

      Aplícase ao mecanismo ou ao dispositivo que é seguro, que é feito a proba de ruptura ou que serve para evitar un perigo.

  2. [DER]
    1. delitos contra a seguridade das persoas

      Conxunto de atentados contra o deber de auxilio, dos que destacan o abandono da familia, o abandono dun neno e a omisión de socorro.

    2. delitos contra a seguridade do estado

      Conxunto de atentados contra o goberno, a Administración Pública e os poderes públicos (Parlamento, tribunais). Distínguense aqueles que atentan contra a seguridade exterior (traizón, delitos que comprometen a paz ou a independencia do estado, delitos contra o dereito de xentes e pirataría) e os que atentan contra a seguridade interior (contra o xefe do estado, contra a autoridade e os seus axentes, terrorismo).

  3. Seguridade Social [ADM]

    Sistema e conxunto de medios que, con carácter obrigatorio, organiza o estado coa finalidade de cubrir unha serie de riscos e que, nunha determinada proporción, ten como fonte de financiamento unhas cotizacións individuais diferentes dos impostos. Comprende unha serie de prestacións -económicas unhas, e en forma de servizos sanitarios outras- para cubrir necesidades ou situacións concretas referidas aos traballadores asalariados e aos seus familiares, segundo o risco e a prestación que se considere. Para os traballadores autónomos existe normalmente un réxime especial. Aquilo que define un sistema de seguros sociais é o tipo de prestacións que acostuman a ser de asistencia sanitaria (por enfermidade, maternidade ou accidente), de pensións (por xubilación, invalidez ou viuvez), de subsidios por perda temporal de salario (en caso de enfermidade, maternidade, accidente ou desemprego), de subsidios de axuda familiar e de axudas económicas especiais. En 1978 estableceuse en España un novo sistema institucional de xestión da Seguridade Social e o Instituto Nacional de Previsión (INP) foi substituído por tres organismos: o Instituto Nacional de la Salud (INSALUD), que se ocupa dos servizos sanitarios, o Instituto Nacional de Seguridad Social (INSS), que xestiona as prestacións económicas, e o Instituto Nacional de Servicios Sociales (INSERSO), para os servizos complementarios das prestacións da Seguridade Social. Creouse, ademais, o Instituto Nacional de Empleo (INEM), que ten ao seu cargo a procura de emprego aos desempregados.