Certamen Pedagógico de 1897

Certamen Pedagógico de 1897

Certame celebrado en Pontevedra no 1897 e organizado por El Noticiero Gallego, órgano do Maxisterio provincial. Neste concurso, presidido por Eduardo Vincenti, premiáronse traballos sobre a intervención do Estado no ensino, a reforma nos estudios das Escolas Normais, hixiene escolar nas escolas galegas (Xoaquín López de Soto presentou o traballo premiado), condicións dos locais-escolas de Galicia, a influencia educadora dos nenos ao saír da escola, prácticas relixiosas, o valor das excursións, das bibliotecas e dos museos pedagóxicos, sistemas de pagamentos ao Maxisterio, organización das Escolas de Artes e Oficios e a educación da muller.

Palabras veciñas

certame | Certame Literario do Miño | Certamen de Humor | Certamen Pedagógico de 1897 | certeiro -ra | certeza | Certhia