Certamen de Humor

Certamen de Humor

Publicación que apareceu no mes de agosto de 1978 na Coruña, co subtítulo de “Boletín Informativo. VI Certamen Internacional de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”. Aproveitando a celebración deste certame de cine, a asociación ACICO editou esta revista co obxectivo de informar os asistentes sobre as proxeccións. Acollía, dende novidades do celuloide, ata unha sección infantil ou novas sobre as películas a concurso.