Dubna

Dubna

Cidade de Rusia, ao SL de Moscova, importante centro de investigacións de física nuclear. Stalin, co control do comandante L. P. Berija, fundou en 1949 o Instituto de Investigación Nuclear. Neste lugar fabricouse a primeira bomba nuclear soviética. Forma parte do conxunto de dez cidades da antiga URSS onde se fan investigacións secretas, probas nucleares e o enriquecemento de plutonio.