Dubois, Jacques

Dubois, Jacques

Anatomista e humanista francés. Latinizou o seu nome en Sylvius. Formouse na facultade de Medicina de París, centro da anatomía galénica. Foi profesor de medicina no Collège Royal (1550-1555) e tivo como discípulo a Vesalio. Descubriu o acueduto que leva o seu nome (acueduto de Silvio). Dominaba o latín, o grego e o hebreo, e admiraba a Hipócrates e Galeno. Escribiu a primeira gramática do francés impresa en Francia, In linguam gallicam Isagoge (1531). Esta divídese en dúas partes: a Etymologica, inventario en que se mostra a correspondencia entre as letras latinas e os sons do francés, e a Grammatica latino-gallica, inventario que recolle cómo se deben trasladar ao latín palabras e construcións do francés. As súas obras de medicina publicáronse reunidas en Jacobi Sylvii Ambiani opera medica, jum demum in sex partes digesta, castigata et indicibus necessaris intuta (1630).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Preto de Amiens

  • Deceso

    Lugar : París