Dubos, René Jules

Dubos, René Jules

Bacteriólogo e patólogo francés. Nacionalizouse estadounidense en 1938. Foi profesor na Rockefeller University for Medical Research e na Harvard University. Galardoado con moitos premios científicos, destacan os seus estudios sobre inmunidade adquirida, os antibióticos, a tuberculose e as formas cristalinas de virus que destrúen as bacterias Gram-positivas. Interesado polos problemas ambientais, converteuse nun teórico do ecoloxismo. Cómpre mencionar as súas obras Louis Pasteur (1950), Man, Medicine and Enviroment (Home, medicina e medio, 1968), Only one Earth (Só unha terra, 1972), xunto con B.Ward, e The Wooing of the Earth (O galanteo da terra, 1980).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saint Brice, Île

  • Deceso

    Lugar : France

  • Deceso

    Lugar : Nova York