Dubra
Dubra
Río afluente do Tambre pola dereita. Nace na vertente meridional dos montes do Castelo, na parroquia de Anxeriz (concello de Tordoia). O seu curso adopta unha dirección N-S, encaixado nunha fractura da Depresión Meridiana (Carballo-Tui). Con esa dirección penetra na parroquia de Arabexo e no concello ao que dá o nome: Val do Dubra. Continúa polas parroquias de Niveiro, Bembibre, Coucieiro, Buxán, Vilariño, San Román e Portomouro, onde desemboca despois dun percorrido duns 15 km e de drenar unha cunca de 93 km2. Achega un caudal de 4,13 m3/s.