Dubra

Dubra
[ONOM]

Antropónimo feminino de orixe toponímica. Baséase no topónimo homónimo, un hidrónimo de orixe celta. O nome deste afluente do Tambre significa ‘augas’ e correspóndese, fóra de Galicia, con outros nomes de río, como Dobra (Asturias), Douvre (Francia), Dover (Inglaterra), Tauber (Alemaña) e seguramente tamén con Doiro e Douro. O antigo concello de Buxán cambiou de nome no 1960 e pasou a denominarse Val do Dubra.