Dueñas
Dueñas
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situada na confluencia dos ríos Carrión e Pisuerga (2.985 h [1996]). A agricultura (millo e cereais) e as pequenas fábricas de papel e chocolate constitúen a base da súa economía. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María (ss XIII-XV), que conserva os sepulcros góticos dos condes de Buendía, e a abadía de San Isidro.