Duffaut, Préfète
Duffaut, Préfète
Pintor haitiano. Representante da corrente naif, as súas obras representaron as visións procedentes dos seus soños. Os seus temas son relixiosos e paisaxísticos interpretados dende un punto de vista visionario e fantástico. En Port-au-Prince asistiu ao Centre d’Art (1948) e participou na decoración da catedral episcopal de Sainte Trinite. Recibiu, entre outros galardóns, o premio do Festival des Artes Negres de Dakar (1966).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Jacmel