Dumas, Alexandre

Dumas, Alexandre

Escritor e dramaturgo francés, fillo de Alexandre Davy de la Pailleterie Dumas. A súa novela La Dame aux camélias (A dama das camelias, 1848), que adaptou ao teatro en 1852, responde á estética do romanticismo, o mesmo que Docteur Servans (Doutor Servans, 1849), Tristan le Roux (Tristán o Rubio, 1850), Trois hommes forts (Tres homes fortes, 1851) ou L’affaire Clemenceau (O asunto Clemenceau, 1866). Non obstante , a súa produción dramática encádrase no realismo costumista e trata temas morais matizados por un humanismo liberal, en obras como Diane de Lys (1853), Le demi-monde (O medio-mundo, 1855), La question d’argent (A cuestión económica, 1857), Le fils naturel (O fillo natural, 1858), Un père prodigue (Un pai pródigo, 1859), Le suplice d’une femme (O suplicio dunha muller, 1865), Les idées de Madame Aubray (As ideas da señora Aubray, 1867), Une visite de noces (Unha visita de vodas, 1871), La princesse Georges (A princesa Georges, 1871) e La femme de Claude (A muller de Claudio, 1873).

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Marly

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : France