Dumas, Jean-Baptiste André

Dumas, Jean-Baptiste André

Químico francés. Foi o primeiro que introduciu os traballos de laboratorio dentro do ensino. Os seus tratados conteñen unha gran cantidade de información sobre procedementos técnicos. Entre os seus traballos cómpre sinalar unha serie de investigacións, a miúdo coa colaboración de Boussingault, sobre a composición ponderal do aire, as fermentacións alcohólicas e lácticas, a descomposición do sangue e a interrelación entre os metabolismos vexetal e animal. Onde deixou unha pegada máis forte foi no apartado da química orgánica, cos seus traballos sobre a urea, o ácido benzoico e o método para a determinación da densidade de gases que leva o seu nome.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alès, Languedoc

  • Deceso

    Lugar : Cannes, Provenza