Dunant, Jean Henri

Dunant, Jean Henri

Filántropo e escritor. Conmocionado pola visión dos feridos na Batalla de Solferino (1859), escribiu Un Souvenir de Solferino (Un recordo de Solferino, 1862), baseado nesta experiencia. Foi un activo promotor da Convención de Xenebra (1864), na que se fundou a Cruz Vermella; posteriormente, dedicou a súa vida a outras causas humanitarias. En 1901 compartiu, con F. Passy, o Premio Nobel da Paz. O 8 de maio, aniversario do seu nacemento, celébrase o Día Mundial da Cruz Vermella.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xenebra

  • Deceso

    Lugar : Heiden, Appenzell