Dunfermline

Dunfermline

Cidade de Escocia, Reino Unido, na rexión de Dumfries e Galloway, preto do estreito de Forth (58.000 h [1991]). É importante a súa industria téxtil, que lle dá emprego a preto da metade da poboación. Tamén destacan as industrias alimentarias, as fundicións de bronce e ferro, así como as pequenas fábricas de xabón e porcelana. Antiga residencia dos reis de Escocia, do seu patrimonio cultural cómpre salientar as ruínas da abadía beneditina fundada por Malcolm III Canmore.