Dunlop, John Boyd

Dunlop, John Boyd

Inventor irlandés. Entre 1867 e 1887 exerceu como veterinario en Belfast. No ano 1887 descubriu un procedemento para amortecer as vibracións das rodas dos triciclos, baseado na introdución dun tubo de caucho inflado (cámara) entre a pina e a cuberta. Patentou o invento en 1888 e, dous anos despois, iniciou a súa produción a escala comercial. Ao pouco tempo, abandonou as actividades industriais e volveu ao exercicio da veterinaria.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dreghorn

  • Deceso

    Lugar : Dublín