duraluminio

duraluminio
s m [IND]

Marca rexistrada dunha aliaxe lixeira de aluminio de gran resistencia mecánica, desenvolvida por A. Wilm en 1910. A súa composición media é de 94,5% de Al, 4% de Cu, 0,5% de Mn e 1% de Fe e outros. O duraluminio ten características próximas ás do aceiro corrente. A carga media de ruptura é de 42 kg mm2, o alongamento do 20% e a densidade de 2,7. Cun quecemento de ata 550°C, seguido dun arrefriamento con auga e ao aire, prodúcese a maduración ou endurecemento estrutural.

Palabras veciñas

dural | duralinox | duraloy* | duraluminio | duramáter | durame | Durán