Durán, Miguel Custodio
Durán, Miguel Custodio
Arquitecto mexicano. As súas obras caracterizáronse pola adaptación das liñas renacentistas nas plantas e nos alzados e pola decoración barroca. Entre as súas obras destacan a igrexa de San Juan de Dios (1729) -onde introduciu a pilastra ondulada, derivación da columna salomónica e articulou a fachada como unha gran fornela en forma de vieira-, e a capela Medina Picazo, dedicada á Inmaculada Concepción, no convento Regina (1733).
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso