Durán Miranda, Armando
Óptico. Licenciouse en Ciencias Físicas e Exactas na Universidad de Madrid en 1934 e doutorouse, xa rematada a Guerra Civil, na mesma universidade en 1943. En 1945 obtivo a cátedra de Óptica. Desenvolveu de forma simultánea a docencia e a investigación, que centrou na termoloxía, na electricidade, no magnetismo e nas estruturas cristalinas. Descubriu, xunto con J. M. Otero Navascués, a miopía e a presbicia nocturnas. Foi director xeral de Enseñanzas Técnicas, director do Instituto de Estudios Nucleares, presidente da Real Sociedad Española de Física y Química, cofundador e vicepresidente da Junta de Energía Nuclear, membro do Comité Científico Técnico da Comisión Nacional de Investigacion del Espacio e asesor do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Trala súa xubilación en 1983 dedicouse á elaboración do Vocabulario Técnico y Científico publicado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales en 1990.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo -
Deceso
Lugar : Madrid