Durán Moreiras, Antonio Segundo

Durán Moreiras, Antonio Segundo

Actor de teatro e televisión. Coñecido como Morris, foi membro fundador do grupo vigués Artello, co que representou diferentes obras, como Morte e vida de Severina (1978), Pic-nic (1979), As nubes (1980), Celtas sen filtro (1983), Gulliver F.M. (1985), Gran venda décimo aniversario (1988), Batea (1990) ou A matanza dos seixas (1993). Colaborou tamén con diversas compañías galegas, entre elas, Teatro do Noroeste, coa que interpretou papeis en diversos espectáculos, como Galicia S.L. e con Encuadre Producións protagonizou Ministros pola cara (1997). Participou tamén en numerosas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que destacan Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), O enfermo imaxinario (1986), Valle-Inclán 98 (1998), Se o vello Simbad volvese ás illas (1999) ou Calígula (2000). Destaca tamén a súa actividade como actor na serie televisiva Pratos combinados, da Televisión de Galicia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo