Durán Núñez, Alberto
Durán Núñez, Alberto
Político e empresario. Foi director de Estanislao Durán e Hijos S A, Consignatarios e de Viajes Durán S A. Ocupou diversos cargos públicos: concelleiro de Vigo por Coalición Popular (1979-1982); deputado por Pontevedra no Congreso desde a segunda á cuarta lexislaturas (1982-1996), formando parte do Consello de Seguridade Nuclear; e no Parlamento galego na quinta lexislatura (1997-2001), ocupando a presidencia da Comisión de Pesca e Marisqueo. Foi cónsul honorario de Noruega e Suecia, presidiu a Federación Mundial de Consignatarios de Buques, con sede en Rotterdam (1996-1997), e posúe diversas condecoracións de ordes suecas e norueguesas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo