Durham

Durham

Capital do condado homónimo, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Wear (38.100 h [1991]). A base da súa economía son as minas de carbón e as pequenas fábricas de alfombras. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o castelo de Guillerme o Conquistador (1072), a catedral de estilo románico normando (1093-1228), coas primeiras bóvedas de crucería. Estas construcións foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.