durmiñón -na

durmiñón -na

(< durmir)

  1. adx e s

    Que ou quen dorme moito ou que ten tendencia a facelo.

    Ex: Velaquí vén Pedro durmiñón, xa viñan sendo horas! Os durmiñóns sempre son os últimos en chegar.

  2. s m [ANIMAL]

    Denominación popular dos cangrexos braquiúros do xénero Atelecyclus. Caracterízanse por presentar a cuncha ovada, de 50 mm de longo e 65 mm de ancho, de cor acastañada, que presenta cada marxe lateral da parte anterior con dentes, entre 9 e 11, e o rostro con tres dentes dos que o do medio é máis longo e de punta arredondada. As pinzas son fortes e de cor cinsenta. Viven en fondos areosos con abundante cobertura de algas. Nas costas da Península Ibérica están presentes dúas especies: A. rotundatus, que é común entre os 20 e 150 m de profundidade no Atlántico e no Mediterráneo; e A. undecimdentatus, que resulta rara e que vive ata os 30 m de profundidade no Atlántico e no S do Mediterráneo. Non son animais apreciados polo home para o seu consumo.

  3. s m [ANIMAL]

    Denominación popular dos cangrexos braquiúros do xénero Calappa.

Palabras veciñas

durmideira | Durmideiras, As | durmido -da | durmiñón -na | durmir | Duro | duro -ra