duro -ra
(< lat dūru)
-
adx
-
Aplícase ao corpo que non cede facilmente á presión, que non é doado de raiar, romper ou cortar.
Ex: A madeira da aciñeira é moi dura.O diamante é un dos minerais máis duros.
Confrontacións: consistente, firme, firme. -
Que non está todo o mol ou tenro que debería estar.
Ex: O polbo está moi duro, non hai quen o coma.
-
-
adx
Que non se pode dobrar ou non ten flexibilidade.
Ex: As lentes duras fírenlle os ollos e vai comprar outras. Esta almofada está tan dura que me manca o pescozo. O virus estragoulle o disco duro do ordenador.
-
adx
Que pon resistencia a unha acción que se debería realizar con facilidade.
Ex: O volante do meu coche é tan duro porque non ten dirección asistida.
-
adx
Antónimos:
fácil.
-
Que causa padecemento físico.
Ex: O traballo na construción éralle moi duro.
-
Que causa sufrimento moral.
Ex: A convivencia entre eles foi dura, e acabaron separándose ós seis meses de casar.
-
Que esixe moito esforzo.
Ex: Acadar a licenciatura resultoulle máis duro do que pensaba.
Antónimos: fácil. Confrontacións: difícil.
-
-
adx
Aplícase a aquilo que se manifesta no seu grao máis violento, radical ou forte.
Ex: O clima de Alasca é moi duro. A película é só para adultos porque ten escenas de sexo duro. A parte máis dura da afección foi a que produciu os altercados.
-
adx
Antónimos:
feble.
-
Que é forte e resistente.
Ex: A pota foiche ben dura, moitos anos aguantou. O macho é un animal moi duro por iso se emprega nos labores que requiren máis esforzo. Hai que ser moi duro para poder levantar esas caixas.
Antónimos: feble. -
Aplícase á persoa que soporta ben os sufrimentos morais.
Ex: É un rapaz moi duro, superou sen problemas o divorcio dos pais.
Antónimos: feble.
-
-
adx
-
Aplícase á persoa que actúa con severidade.
Ex: O xuíz foi moi duro na súa decisión e aplicoulle a pena máxima.
Confrontacións: inflexible, insensible. -
Aplícase á persoa que carece de compaixón ou piedade.
Ex: Sempre foi moi dura de corazón e non lle dá unha esmola a un pobre.
Confrontacións: inflexible, insensible.
-
-
adx
Aplícase ás drogas que producen adición física e psíquica.
Ex: A heroína e a cocaína son drogas duras.
-
adx
[ARTE]
Aplícase ás pinturas ou debuxos que presentan bruscas transicións ao claroscuro ou ás esculturas que carecen dun modelado mórbido e fermoso.
-
adx
[IMAX]
Aplícase ao material sensible que necesita moita luz para impresionarse e que dá imaxes moi contrastadas.
-
adx
[ARTESAN]
Aplícase á pasta cerámica que presenta dificultades para a súa fundición.
-
s
m
[NUMIS]
-
Nome vulgar do real de a ocho, a principal moeda española de prata que se cuñou entre os ss XVI e XIX. O nome provén da denominación orixinal de peso forte ou peso duro. As moedas de 20 reales de vellón e de 2 escudos das emisións de Isabel II recibiron tamén este nome.
-
Nome da moeda de 5 pesetas, cun peso de 25 gramos, cuñada dende o ano 1869, e tamén dos pesos da ceca de Madrid destinados á circulación nas colonias de Filipinas e Porto Rico.
-
Nome dado a calquera moeda ou billete dun valor de 5 pesetas.
-
Frases feitas
-
2 Aplícase á persoa mala de convencer.
-
Duro coma o pé dun santo (vello) 1 Moi duro.
-
Duro coma un canoto/un cartón/un croio/un penedo/ un teixugo/unha pedra/a cerna. Moi duro ou moi resistente.
-
Duro coma unha peta. Aplícase á persoa cabezuda e ignorante.
-
Duro de oído/de orella. Aplícase á persoa que oe mal.
-
Ser algo duro de roer. Ser algo malo de vencer ou de soportar.
-
Ser duro de cascos. Ser duro de entendemento.
-
Ser un cabeza dura. Custarlle a unha persoa entender as cousas.
-
Ter a cara máis dura ca un lorcho. Ser un cara lavada.