duro -ra

duro -ra

(< lat dūru)

  1. adx
    1. Aplícase ao corpo que non cede facilmente á presión, que non é doado de raiar, romper ou cortar.

      Ex: A madeira da aciñeira é moi dura.O diamante é un dos minerais máis duros.

      Confrontacións: consistente, firme, firme.
    2. Que non está todo o mol ou tenro que debería estar.

      Ex: O polbo está moi duro, non hai quen o coma.

  2. adx

    Que non se pode dobrar ou non ten flexibilidade.

    Ex: As lentes duras fírenlle os ollos e vai comprar outras. Esta almofada está tan dura que me manca o pescozo. O virus estragoulle o disco duro do ordenador.

  3. adx

    Que pon resistencia a unha acción que se debería realizar con facilidade.

    Ex: O volante do meu coche é tan duro porque non ten dirección asistida.

  4. adx Antónimos: fácil.
    1. Que causa padecemento físico.

      Ex: O traballo na construción éralle moi duro.

    2. Que causa sufrimento moral.

      Ex: A convivencia entre eles foi dura, e acabaron separándose ós seis meses de casar.

    3. Que esixe moito esforzo.

      Ex: Acadar a licenciatura resultoulle máis duro do que pensaba.

      Antónimos: fácil. Confrontacións: difícil.
  5. adx

    Aplícase a aquilo que se manifesta no seu grao máis violento, radical ou forte.

    Ex: O clima de Alasca é moi duro. A película é só para adultos porque ten escenas de sexo duro. A parte máis dura da afección foi a que produciu os altercados.

  6. adx Antónimos: feble.
    1. Que é forte e resistente.

      Ex: A pota foiche ben dura, moitos anos aguantou. O macho é un animal moi duro por iso se emprega nos labores que requiren máis esforzo. Hai que ser moi duro para poder levantar esas caixas.

      Antónimos: feble.
    2. Aplícase á persoa que soporta ben os sufrimentos morais.

      Ex: É un rapaz moi duro, superou sen problemas o divorcio dos pais.

      Antónimos: feble.
  7. adx
    1. Aplícase á persoa que actúa con severidade.

      Ex: O xuíz foi moi duro na súa decisión e aplicoulle a pena máxima.

      Confrontacións: inflexible, insensible.
    2. Aplícase á persoa que carece de compaixón ou piedade.

      Ex: Sempre foi moi dura de corazón e non lle dá unha esmola a un pobre.

      Confrontacións: inflexible, insensible.
  8. adx

    Aplícase ás drogas que producen adición física e psíquica.

    Ex: A heroína e a cocaína son drogas duras.

  9. adx [ARTE]

    Aplícase ás pinturas ou debuxos que presentan bruscas transicións ao claroscuro ou ás esculturas que carecen dun modelado mórbido e fermoso.

  10. adx [IMAX]

    Aplícase ao material sensible que necesita moita luz para impresionarse e que dá imaxes moi contrastadas.

  11. adx [ARTESAN]

    Aplícase á pasta cerámica que presenta dificultades para a súa fundición.

  12. s m [NUMIS]
    1. Nome vulgar do real de a ocho, a principal moeda española de prata que se cuñou entre os ss XVI e XIX. O nome provén da denominación orixinal de peso forte ou peso duro. As moedas de 20 reales de vellón e de 2 escudos das emisións de Isabel II recibiron tamén este nome.

    2. Nome da moeda de 5 pesetas, cun peso de 25 gramos, cuñada dende o ano 1869, e tamén dos pesos da ceca de Madrid destinados á circulación nas colonias de Filipinas e Porto Rico.

    3. Nome dado a calquera moeda ou billete dun valor de 5 pesetas.

Frases feitas

  • 2 Aplícase á persoa mala de convencer.

  • Duro coma o pé dun santo (vello) 1 Moi duro.

  • Duro coma un canoto/un cartón/un croio/un penedo/ un teixugo/unha pedra/a cerna. Moi duro ou moi resistente.

  • Duro coma unha peta. Aplícase á persoa cabezuda e ignorante.

  • Duro de oído/de orella. Aplícase á persoa que oe mal.

  • Ser algo duro de roer. Ser algo malo de vencer ou de soportar.

  • Ser duro de cascos. Ser duro de entendemento.

  • Ser un cabeza dura. Custarlle a unha persoa entender as cousas.

  • Ter a cara máis dura ca un lorcho. Ser un cara lavada.