Dzurinda, Mikuláš

Dzurinda, Mikuláš

Político eslovaco. Licenciado en Economía do Tráfico Ferroviario (1979), traballou no Instituto do Tráfico Ferroviario de Zilina (1979-1990). Foi viceministro económico no ministerio de Tráfico e Comunicacións (1991-1992) e, trala creación de Eslovaquia como Estado independente, foi ministro de Tráfico, Comunicacións e Obras Públicas (1994). Deputado dende 1922 polo Krestansko Demokratické Hnutie (KDH), converteuse no seu vicepresidente en 1994. En 1997 impulsou a creación da coalición Slovesnká Demockratická Koalícia (SDK), da que foi elixido presidente en 1998. Tralas eleccións de setembro de 1998 formou unha coalición contra V. Meciar e acadou o cargo de primeiro ministro. Durante o seu mandato ampliou os dereitos das minorías nacionais, abriu o país aos investimentos estranxeiros, apoiou os bombardeos da OTAN sobre Kosovo e conseguiu que Eslovaquia fose aceptada como unha das candidatas a ingresar na Unión Europea. En setembro de 1999 regresou á súa militancia no KDH, aínda que mantivo a xefatura do SDK. O 14 de febreiro de 2000 creou a Slovenská Demockratická a Krestanská Únia (SDKÚ), da que foi elixido presidente no mes de novembro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Spissky Stvrtok