Eanes, António dos Santos Ramalho
Militar e político portugués. Entre 1958 e 1974 ocupou diversos cargos militares nas colonias (India, Macau, Moçambique, Guinea e Angola). Entre 1974 e 1975 foi director de programas e presidente do consello de administración na Rádio Televisão Portuguesa (RTP). Cando caeu o réxime salazarista (1974), contribuíu a dominar o intento revolucionario de novembro de 1975. Foi nomeado xefe do Estado Maior do Exército (1975-1976) e xefe do Estado Maior das Forças Armadas (1976-1981). Foi elixido presidente da República en 1976, cargo para o que foi reelixido en 1980, a pesar dos seus enfrontamentos cos sucesivos xefes do goberno. Cara ao final do seu mandato presidencial (1985), promoveu o nacemento do Partido Renovador Democrático (PRD), que pasou a ser a terceira forza política do país nas eleccións lexislativas de 1985 e que presidiu entre 1986 e 1987. Desde 1986 foi membro vitalicio do Consello de Estado.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Alcains, Castelo Branco