earl*
earl*
s
m
[HIST]
Título de nobreza inglés que se corresponde co de conde. Deriva do jarl ou xefe militar dos dinamarqueses, establecidos na rexión de Danelaw. Trátase dun cargo semellante ao dun funcionario real que se ocupaba de manter a orde pública no condado (earldom), presidir as reunións da asemblea, impoñer o cumprimento das súas sentencias e organizar as levas. Dende o s XI, os sheriff asumiron boa parte das súas funcións e dende o s XII converteuse no título de nobreza máis alto, ata que en 1337 se creou o primeiro ducado.