Ebla
Ebla
Antiga cidade estado e centro comercial situada no N de Siria, ao SO de Alepo. Acadou o seu esplendor entre o 2350 e o 2200 a C, cando posiblemente foi destruída. Nas escavacións localizáronse unhas 17.000 táboas con escritura cuneiforme deste período. Foi reconstruída no s XX a C como capital do reino amorita e sufriu unha nova destrución no s XVII a C durante a III dinastía de Ur, a mans do monarca hitita Mursil. Foi descuberta por P. Matthiae, quen escavou as murallas, as portas monumentais, os edificios públicos, os templos e o palacio real.