Eborico
Eborico
Rei suevo (583-584), fillo de Miro. Continuou a política dos últimos anos de goberno do seu pai e rendeulle homenaxe ao rei visigodo Leovixildo. O seu cuñado Andeca (584), á fronte dun poderoso grupo de nobres descontentos polo seu sometemento aos visigodos, destronouno, recluíuno nun mosteiro e ordenouno presbítero.