Ecequiel
Profeta hebreo do Antigo Testamento. Fillo do sacerdote Buzi, foi probablemente tamén sacerdote e autor do libro que leva o seu nome. No ano 597, trala conquista do rei caldeo Nabucodonosor, foi desterrado a Babilonia. Discípulo de Xeremías, exerceu o labor profético na diáspora durante vinte e dous anos e experimentou visións apocalípticas. No ano 588 denunciou desde o desterro a actitude do Rei Sedecías ao se rebelar en Xerusalén contra Babilonia. Pouco despois Nabucodonosor conquistou Xerusalén e o profeta quedou mudo e inmóbil; só recuperaría a fala cando é destruída a capital rebelde. Comezou, daquela, unha nova etapa na súa traxectoria vital marcada pola esperanza: pasa de anunciar o castigo a predicar a salvación do Reino de Israel. Ademais, nace entre as colonias xudías un novo xeito de vivir a fe e pásase do iavismo ao xudaísmo, con Xeremías como pai doi xudaísmo e da súa espiritualidade. Na iconografía comeza a representarse a partir do s III; leva vestiduras orientais, con manto abotoado no peito e, ás veces, o bonete ou gorro frixio. Figura no Martiroloxio Romano e a súa festividade celébrase o 10 abril.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Babilonia