Echave
Echave
Familia de pintores mexicanos de orixe española. Baltasar de Echave Orio (Zumaia 1584? - México 1620?), coñecido como Echave el Viejo, trasladouse a México cara a 1580. Con Francisco de Zumaya realizou o retablo maior e o retablo de san Miguel da catedral de Puebla. Traballou, entre outros, nos conventos dominicanos e nas igrexas da Compañía de Xesús. Escribiu Discurso de la antigüedad de la lengua cántabro vascongada. O seu fillo Baltasar de Echave Ibía (1580?-1660?) cultivou a pintura relixiosa e realizou paisaxes sobre cobre. O seu fillo Baltasar de Echave Rioja (México 1532 - 1682) foi discípulo de José Juárez. Entre as súas obras destacan El martirio de san Pedro Arbúes (1666) e a decoración da sancristía da catedral de Puebla.