eclesia

eclesia

(

s f [HIST]

Asemblea do pobo ateniense formada por todos os homes maiores de dezaoito anos e dirixida polo epístato (presidente) dos maxistrados prítanos, asistido por un heraldo. Posuía todos os poderes (lexislativo, deliberativo e xudicial) e ocupábase das redaccións dos decretos, das declaracións de guerra, da dirección das operacións militares e nos tempos de paz da vixilancia aos maxistrados que nomeaba en cada pritanía. Nos tempos de Solón reuníase dúas veces ao ano e na época clásica aumentou as súas reunións e dividiuse en diversas asembleas: unha regular, en cada unha das pritanías, e dúas ou tres de carácter legal; ademais podían producirse asembleas extraordinarias. A presenza dos cidadáns nestas asembleas viuse retribuída dende o s IV a C.

Palabras veciñas

eclecticismo | ecléctico -ca | Eclectus | eclesia | eclesial | Eclesiastés | Eclesiástico