Eclesiástico
Eclesiástico
[LIT/RELIX]
Libro do Antigo Testamento coñecido tamén co nome de Sabedoría de Ben Sírah. Segundo os datos da versión grega, o autor (Xesús, fillo de Sírah) foi un escribán que sobre o 190-175 a C escribiu a obra en hebreo; un dos seus netos traduciuna ao grego e fíxolle un prólogo. É un compendio da doutrina relixiosa-moral do xudaísmo.