ECO
ECO
Publicación mensual aparecida na Coruña en abril de 1991 e subtitulada “Revista de Economía Atlántica”. Editada e dirixida por Gonzalo Vázquez Pozo, conta cun consello asesor formado por Carlos Otero, Ana Pita Grandall e Joaquín Borges, entre outros. Os seus artigos, relacionados na súa maior parte con cuestións económicas de Galicia e do N de Portugal, publícanse en tres linguas: castelán, galego e portugués. Ademais inclúe información relativa á moda galega, viaxes, informática, gastronomía e motor. Presenta unha tiraxe de 15.000 exemplares.