Eco Coruñés, El
Eco Coruñés, El
[PUBLIC]
Xornal editado na Coruña dende o 15 de novembro de 1865 ata febreiro de 1866. Subtitulado “Diario de noticias e intereses materiales”, saía todos os días agás os seguintes a festivos. Dirixido por Ramón Barros Sibelo, contaba no seu equipo de redacción con Froilán Salazar e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez. Trátase dunha publicación que, ademais de incluír artigos de sociedade e noticias de carácter económico, abordaba con frecuencia cuestións políticas en apoio da Unión Liberal.