Eco de Bergantiños, El
Eco de Bergantiños, El
Publicación aparecida en Carballo o 10 de febreiro de 1909 e que cesou a súa edición o 20 de xullo do mesmo ano. Fundado e dirixido por Xervasio Varela, contaba coa colaboración de Eduardo S. Serrano, Guillermo Díaz e Hernán Sáez, entre outros. Tiraba tres números ao mes e imprimíase nos obradoiros tipográficos do propio director. Ademais de noticias de carácter xeral e crónicas, incluíu unha guía para agricultores, un álbum poético e información histórica sobre Carballo e a súa comarca.