Eco de la Revista

Eco de la Revista

Semanario liberal editado na Coruña a partir do 11 de xullo de 1852 e subtitulado “Periódico judicial, mercantil, literario y de variedades”. Repartíase gratuitamente coa Revista jurídica y administrativa de Galicia. Contaba coa colaboración de Xosé Mª Montes, Xosé Puente Brañas, Luís de Trelles e Miguel Rúa Figueroa. Na súa sección “Corona poética”, incluíronse composicións de Benito Vicetto, Neira de Mosquera, Vázquez de Neira e Vicente Turnes, entre outros. Noutro apartado, titulado “Escritores y hombres célebres de Galicia”, figuran pequenos estudios sobre Macías O Namorado, o Padre Feijóo e Diego Cernadas Castro.