Eco de la Verdad, El
Eco de la Verdad, El
Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 7 de marzo de 1868. Cesou en xullo do ano seguinte (nº 66). Impreso e editado por Xosé Mª Paredes, figuraba como director Antonio López Ferreiro. O seu equipo de redacción estaba integrado por Miguel Eleizequi e Xosé Lafuente. Contou coa colaboración de Narciso Cepedano, Ovilo e Otero, Fernando de la Vega e Oviedo e Arce. Trátase dunha publicación na que se incluíu información de carácter científico, bibliografía, apuntamentos históricos, un boletín relixioso e seccións agrícolas e recreativas.