Eco de Pontevedra, El

Eco de Pontevedra, El

Semanario de tendencia monárquica editado en Pontevedra a partir do 16 de marzo de 1869. Cesou probablemente en xuño de 1870 (nº 68). Subtitulado “Periódico liberal independiente”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé A. Antúnez. Contou coa colaboración de Nicanor Rey, Darío Ulloa, Eduardo Quintana, Manuel de Castro e Pedro Barrios. Incluíu artigos de información xeral, novas de sociedade e pasatempos. Malia que o seu lema principal foi “Todo por Galicia, todo para Galicia”, non foi unha publicación galeguista, senón defensora da monarquía constitucional e liberal que ao mesmo tempo que rompía a hexemonía dos periódicos republicanos da cidade.