Eco del Condado, El

Eco del Condado, El

Publicación de carácter conservador que apareceu en Salvaterra de Miño o 15 de marzo de 1926 e cesou o 10 de maio de 1930. Tivo periodicidade bimensual nun principio e trimestral posteriormente. Redactado na súa maior parte por párrocos da zona, cómpre salientar a abundancia de literatura galega, coa inclusión de poemas de Xosé Rey González, Rosalía de Castro, V. Lamas Carvajal, Carmiña Prieto Rouco, Xoán Barcia Caballero, Enrique Labarta Pose, Ramón Cabanillas, Manuel Lago González, Avelino R. Elías, Xoán B. Armada, Gonzalo López Abente, e Mario Canda. Publicaron en lingua castelá Herminia Fariña e Xesús Muruais, especialmente artigos relacionados co Século de Ouro e co romanticismo da literatura española. A presenza da literatura portuguesa vén da man de José U. Condo e José Vilán Cobelo Junior. En case todos os números aparecen, ademais, diversos contos asinados con pseudónimos, baixo os epígrafes de “Contos de camiño”, “Contos da aldea” e “Contos da terra”.