Eco Ferrolano, El
Eco Ferrolano, El
[PUBLIC]
Revista aparecida en Ferrol a partir de 1854 e que cesou ao ano seguinte. Vinculada á Mariña, contou coa colaboración de Xosé Canalejas, director da mesma, Xoán A. Lacaci e Montero Aróstegui, entre outros. Iniciou unha segunda época de edición o 5 de marzo de 1864 que levaba como subtítulo “Periódico independiente”. Dende 1866 modificou o seu subtítulo polo de “Periódico de ciencias y literatura”. Dirixido por Francisco Suárez García, saía tres veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera. Incluíu artigos de información xeral e composicións literarias.