Eco Marinense, El
Eco Marinense, El
Publicación en castelán editada en Marín a partir de 1896. Subtitulada “Semanario de intereses generales”, foi dirixida por Sabas B. Catá. Impresa nos obradoiros tipográficos de R. Quintáns, saía todos os domingos. Constaba de catro páxinas, nas que se incluían artigos sobre actividades comerciais e marítimas, ademais de anuncios e un folletín. No eido literario, cómpre salientar algúns versos en galego na sección “Paliques”, publicados baixo pseudónimo. Nas súas diferentes épocas de edición presentou as cabeceiras El Eco de Marín, El Marinense ou Nuevo Marín.