económico -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente á economía.
-
adx
Que esixe pouco gasto ou que custa pouco.
Ex: Comer nese restaurante é moi económico. Comprou uns mobles moi económicos.
-
adx
Que gasta pouco.
Ex: Mentres estaban estudiando eran moi económicos.
-
ciencias económicas
[EDUC]
Especialidade académica que se imparte nas facultades de ciencias económicas, que ten por obxecto o estudo e coñecemento da economía. Os estudios económicos en Galicia iniciáronse na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1967-1968, coa creación da facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais. Ata ese momento, no ámbito universitario, o estudo da economía era unha disciplina subalterna do dereito, que só se daba como disciplina autónoma nas escolas de comercio, marxinadas da máxima esfera académica. Trala reforma dos plans de estudios en 1993, a facultade de Ciencias Económicas e Empresariais incorporou os estudios correspondentes ás licenciaturas en Economía e en Administración e Dirección de Empresas. Na década de 1970, coa descentralización da universidade compostelá, os estudios de economía espalláronse polas sete principais cidades galegas e, en 1989, coa creación da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña, as tres universidades públicas pasaron a ofertar esta licenciatura.