economizador -ra
economizador -ra
(< economizar)
-
adx e s
Que ou quen economiza.
Ex: Propuxeron un paquete de medidas economizadoras. É moi economizador, só gasta o necesario.
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo que posúen certos carburadores de motores de explosión para obter unha mestura máis pobre e, polo tanto, máis económica cando non é necesaria toda a potencia do motor. En xeral son dispositivos de acción manual.
-
s
m
[TECNOL]
Intercambiador de calor empregado para quentar a auga de entrada nas caldeiras de vapor por medio do fume da combustión. Produce un considerable aforro de combustible.