Economo, enfermidade de von
Economo, enfermidade de von
[PAT]
Epidemia de encefalite que se caracterizaba porque os afectados quedaban durmidos con facilidade e padecían náuseas, cefaleas e febre. Estendeuse por Europa despois da Primeira Guerra Mundial e desapareceu despois de 1920. Tamén se coñece co nome de encefalite letárxica.