Ecos de Vigo
Ecos de Vigo
Semanario literario aparecido en Vigo a partir do 25 de novembro de 1911. Cesou a súa edición en abril de 1912, con 22 números publicados. Dirixiuno o escritor Avelino Rodríguez Elías. No terreo literario, cómpre salientar algúns relatos costumistas titulados “Cousas da miña terra” e “Cousas da miña aldea”, asinados por Xan de Ningures, pseudónimo empregado polo propio director.