ecotipo

ecotipo

(< 1 eco- + tipo)

s m [ECOL]

Poboación dunha especie que amosa características adaptativas asociadas a un determinado ambiente. Aínda que os distintos ecotipos dunha especie difiran entre si, os cruzamentos son posibles. Constitúe unha forma de variación asociada ao medio e non implica necesariamente a separación de poboacións en áreas xeográficas illadas entre si.

Palabras veciñas

ecosfera | ecosistema | ecotaxa | ecotipo | ecotono | ecotopo | ecotoxicoloxía