ectoplasma

ectoplasma

(

  1. s m [BIOL]

    Capa externa do citoplasma da célula cunha constitución semisólida con aparencia de xel, que contén un número pequeno de gránulos e que se presenta nos ciliados e rizópodos. Ten importancia no movemento ameboide e na división celular.

  2. s m [ESOT]

    Substancia branca vaporosa que parece producir, en determinadas circunstancias, o corpo dun médium. Sae pola boca con formas variadas como fantasmas, animais ou cousas.