ectoprocto -ta
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos ectoproctos.
Sinónimos: briozoo. -
s
m
[ANIMAL]
Animal do filo dos ectoproctos.
Sinónimos: briozoo. -
s
m pl
[ANIMAL]
Filo de animais acuáticos caracterizado por individuos, ou zooides, de pequeno tamaño (case todos miden menos de 0,5 mm de lonxitude), eucelomados (de ano e boca en orificios independentes) e cunha coroa de tentáculos cubertos de pequenos cilios que crean unha corrente de auga da que extraen partículas alimenticias en suspensión que dirixen á boca. Viven nun pequeno habitáculo denominado zoecio, produto das secreccións da epiderme, que pode ser de natureza xelatinosa, quitinosa ou calcaria e poden contar ademais, cun pequeno opérculo que serve para pechar completamente a cámara onde se retraen. Carecen de órganos específicos para a respiración, circulación e excrección. As máis das especies forman colonias nas que existe, entre os distintos zooides, un intercambio de fluído celomático, grazas a pequenos poros no zoecio, e poden existir individuos especializados na defensa ou na reprodución. As colonias poden ser incrustantes e superar os 100 cm de diámetro, ou erectas e ramificadas e acadar máis de 30 cm de altura. Algunhas colonias teñen capacidade para desprazarse lentamente esvarando polo substrato. A maioría dos ectoproctos son hermafroditas e, xeralmente, incuban os ovos no interior do celoma ou nun novo zooide especializado, denominado ovicela. As larvas, logo dunha breve etapa nadadora, fíxanse a un substrato; sen embargo, algunhas especies que liberan os ovos nas augas teñen larvas cun tubo dixestivo plenamente funcional, que lles permite alimentarse nesta fase, e desprázanse de xeito errante durante meses antes de fixarse. Unhas e outras, tras fixarse, sofren a metamorfose que dá lugar á aparencia dos animais adultos. As colonias fórmanse basicamente por xemación. Outras especies, propias de augas doces, producen estatoblastos. As máis de 4.000 especies coñecidas de ectoproctos son, fundamentalmente, propios de augas mariñas pouco profundas, aínda que tamén están presentes nas augas doces continentais. Nas augas da Península Ibérica están presentes máis de 330 especies.