ectotermo -ma

ectotermo -ma

(

adx [BIOL]

Aplícase ao organismo que non dispón de suficientes mecanismos fisiolóxicos produtores de calor para asegurar, de xeito constante, unha temperatura corporal idónea coa que realizar as funcións metabólicas e que depende, polo tanto, de fontes externas de calor. As plantas, os anfibios e os insectos son exemplos de organismos ectotermos.

Palabras veciñas

ectoprocto -ta | ectosoma | ectotermia | ectotermo -ma | ectótrofo -fa | ectoxénese | ectozoo